A alcaldesa da Coruña ofreceulles unha recepción oficial ás entidades LGTBI

June 28, 2024 by
A alcaldesa da Coruña ofreceulles unha recepción oficial ás entidades LGTBI
Fundación 26 de Diciembre, Juan Manuel Fernández Vázquez

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofreceu este xoves unha recepción oficial ás entidades LGTBI da cidade, previa á conmemoración do Día Internacional do Orgullo, como mostra de apoio e agradecemento ao labor desenvolto polas diferentes asociacións. 

"Hoxe abrimos por primeira vez este salón de sesións para recibir os diferentes colectivos que traballades polos dereitos das persoas LGTBI+ na cidade, unha demanda que reivindicabades e que hoxe facemos realidade" explicou a alcaldesa.

A alcaldesa destacou a ampla programación do Orgullo Coruñés, con faladoiros, música e actividades para todos os públicos. Destacou a manifestación convocada por Alas Coruña, e chamou á sociedade coruñesa a sumarse: "A Coruña é unha cidade aberta, diversa, tolerante e inclusiva e mañá amosarémolo enchendo as rúas coas bandeiras LGTBI". 

Ademais, puxo en valor as diferentes accións en materia LGTBI postas en marcha dende 2019, como a reapertura do Espazo Diverso así como a visibilización do colectivo a través do mobiliario e espazo urbanos, co pintado do paso de peóns de Durán Loriga e a creación do Paseo da Diversidade nos Xardíns de Méndez Núñez.

Na recepción participaron representantes de ALAS A Coruña, Les Coruña (Carola), CASCO, Fundación 26 de diciembre, ORCO e CORUFEST, xunto coas concelleiras de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa e Mobilidade e Infraestruturas, Noemí Díaz.


Share this post
Nuestras categorias
Archivo